Leiriño de Nadal

Noticias
30/11/2022
Leiriño de Nadal

NadaLeiro é o noso Leiriño convertido en agasallo de Nadal

Leiriño é o primeiro bancal agroecolóxico modular baseado nos principios da Permacultura, que da resposta ás personas identificadas coa Alimentación Ecolóxica.

Propoñémosche un acordo LAaSS ("Leira As a Sustainable Service") no corazón da "Reserva de Biosfera das Mariñas".

En detalle:

• É un bancal modular agroecolóxico de 7 m²

• Ten un custo fixo anual: 245 € (PROMOCIÓN NADAL)

• Cultívase todo o ano

• O Equipo de Os Biosbardos encargarase do seu coidado

• Co teu Leiriño, ti decides e nós facemos o resto:

Elixe teus cultivos

Nós mimámolos todo o ano

Entregamosche as colleitas

 

 

 

 

Descrición do Produto

• LEIRIÑO é un bancal modular de cultivo agroecolóxico de 7 m² que ten un custo fixo anual.

• Nesta parcela, Os Biosbardos cultivará o máximo posible do produto durante un período de 1 ano desde a data de compra do produto.


• Toda a produción obtida entregarase de xeito periódico e gratuíto no enderezo indicado sempre que estea dentro do territorio da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas.

• Podes escoller entre as distintas variedades de plantas e sementes de Os Biosbardos sen custo adicional ou tamén podes traer as túas propias sementes ou plantas, sempre que sexan legais no noso territorio. No caso de querer algunha semente ou planta externa, pódese intentar a súa obtención e facturarase adicionalmente o seu custo.

• O equipo de Os Biosbardos encargarase do coidado, mantemento, recollida e entrega dos produtos do Leiriño en condicións normais. Tamén existe a posibilidade de que colabores con estas tarefas sempre que che apeteza. Podes vir no noso horario laboral sempre que queiras coidar e gozar da evolución do teu Leiriño.

• Trátase dunha edición limitada que inclúe unha "Cesta Gourmet de Benvida", que che entregaremos cando desexes o poderás vir a recoller ás nosas Leiras, se nos visitas.

• Coa compra dun Leiriño estás contribuíndo a unha economía local e sostible.

• En condicións normais de cultivo poderás obter un rendemento equivalente ao prezo do Leiriño: en condicións favorables e cunha selección de plantas gourmet, pódese obter un valor de mercado moi superior ao investimento. A cambio, coa compra do Leiriño asúmese o risco derivado dunha mala tempada como consecuencia de variacións meteorolóxicas, catástrofes naturais, etc.

 

 

 

Condicións de Venda

• Oferta válida no territorio da Reserva de Biosfera As Mariñas.

• Otras opcións, baixo demanda, a convir.

 

OsBiosbardos.com

Admin Os Biosbardos