•
Qué é un
LEIRIÑO SOLIDARIO ?
Leiriño Solidario é unha iniciativa de apoio á Economía Social.
• É un bancal modular agroecolóxico de 7 m²
• Ten un custo fixo anual: 500 € (ten desgravación fiscal !)
• Cultívase todo o ano
• O Equipo de Os Biosbardos encargarase do seu coidado
• A produción obtida entregarase a comedores locais con fines sociais
Cun Leiriño Solidario estás contribuíndo a unha economía local e sostible.
Vantaxes fiscais da tua acción solidaria
"Coa túa contribución axudas a mellorar o futuro dos que nos rodean, acadando un impacto positivo e duradeiro na sociedade"
Promoción da Soberanía Alimentaria
A través de bolsas, trasladamos o noso impacto a outras comunidades que necesitan con urxencia a rexeneración do solo. Por exemplo, centrámonos na comunidade de Varela (Guinea Bissau) onde se ofrecen bolsas para que a xente local teña a oportunidade de formarse en áreas de Permacultura e así poder difundir este coñecemento na súa comunidade. A colleita alimentaria obtida nestas zonas de África tamén se destina a entidades sociais e escolas locais.
Medio Ambiente
O modelo agrícola convencional é dificilmente sustentable. Os modelos agroecolóxicos propoñen un cambio de visión onde todos os seres vivos teñen unha relación de interdependencia fomentando a biodiversidade e integrando, amais, ás persoas no medio que desenvolven de xeito consciente.
Compromiso Social
As accións realizadas contribúen á creación de novos postos de traballo grazas á adquisición de novas competencias técnicas que combinan prácticas respetuosas para a produción de alimentos e a rexeneración do solo, melloran a difusión do coñecemento e da tecnoloxía entre as diferentes rexións e impulsan o crecemento económico local. Asimesmo, mellórase a calidade de vida das persoas vinculadas a proxectos locais de produción de alimentos ecolóxicos, como o desenvolvemento de novos bosques comestibles para o desfrute das seguintes xeracións
Estas son as entidades que impulsan este novo modelo conxunto de sustentabilidade:
Os Biosbardos • Cultura de Leira
Somos agricultores ecolóxicos inspirados no desfrute dos alimentos e no respecto na súa obtención.
Seguimos con paixón os principios da Permacultura e da Agricultura Sintrópica creando un ecosistema agroecolóxico 100% orgánico e sostible na Bisbarra das Mariñas cunha proposta de proximidade.
Estamos certificados polo CRAEGA (órgano regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia) e integrados na Reserva de Biosfera de As Mariñas.
ONG Miradas al Mundo
Promovemos o desenvolvemento das comunidades máis desfavorecidas. En contacto directo coa comunidade, buscamos un modelo de desenvolvemento que sexa autosustentable, no que a xente do lugar, co seu traballo e implicación, sexa o motor do cambio.
Kibutz Cooperativa Galega
Proxecto colaborativo que ten como finalidade promover, crear e xestionar diferentes ideas e recursos para promover unha nova forma de vida, máis ética e respectuosa coas persoas e o medio ambiente a través da formación en áreas relacionadas coa saúde holística.
.