infórmate

Vive a permacultura

O proxecto

Os Biosbardos • Cultura de Leira nace como un proxecto de agricultura ecolóxica baseado nos principios da Permacultura:

Agricultura permanente e sostibleque fomenta o deseño consciente de entornos que reproducen os patróns da natureza.
Coidado da terra e as persoas.
Seguir o modelo da Agricultura Sintrópica que é a creación de ecosistemas agroforestais inspirados nos bosques para producir alimentos e conservar a natureza (bosques comestibles).

Movidos polo disfrute dos alimentos e o respecto na súa obtención, buscamos ser 100% orgánicos e sostibles na nosa aproximación ao produto de horta.

espazo
colaborativo
Comezamos a nosa andaina coa transformación dun conxunto de 'Leiras' no Lugar de Lendoiro (Cambre), na fermosa Terra das Mariñas, nun proceso dinámico e aberto que irá tomando forma.
Séguenos
Comezamos a nosa andaina coa transformación dun conxunto de 'Leiras' no Lugar de Lendoiro (Cambre), na fermosa Terra das Mariñas, nun proceso dinámico e aberto que irá tomando forma.

Espazo colaborativo

Os Biosbardos • Cultura de Leira tamén é un espazo colaborativo onde compartir coñecemento con calquera que queira unirse ao proxecto e participar dun xeito ou doutro.

A través do noso blog e RR. SS. compartiremos a nosa andaina.

Se chegaches ata aquí e che transmitimos a nosa ilusión, invitámosche a que nos sigas para que poidas formar parte do noso proceso de crecemento, aprendizaxe e transformación.

filosofía

Qué consegues cando confías en Os Biosbardos • Cultura de Leira?

Relación en local

Producimos na Comarca das Mariñas e para a súa área de influencia.

Produción artesanal

Somos produtores ao xeito tradicional e cun baixo nivel de mecanización.

Canle directa

Canle de curta de comercialización entre nós e os destinatarios dos nosos produtos, entre nós e ti.

Disfrutas biodiversidade

As producións avalíanse dende a conciencia e o interese por conservar a biodiversidade.

Gañas transparencia

En todo momento se é consciente da orixe do produto e das condicións nas que se cultivou: a trazabilidade é unha máxima.

Consumes xusto

Os prezos estímanse para que reflictan un trato xusto tanto para o comprador como para o produtor.

Promoves a soberanía alimentaria

Os nosos produtos proceden dunha agricultura ecolóxica considerada como un modo de vida e non como un nicho económico.

Probas o tradicional

Apostamos polas variedades autóctonas e propias, seleccionadas, e polo coñecemento agroecolóxico tradicional que preserva as cualidades organolépticas.

filosofía

Qué consegues cando confías en Os Biosbardos • Cultura de Leira?