Así vivimos o LeiraFest 2025: momentos, fotos e aprendizaxes

Noticias
16/09/2025
Así vivimos o LeiraFest 2025: momentos, fotos e aprendizaxes

Grazas por facelo posible

LeiraFest 2025 foi moito máis ca un festival: foi un encontro entre persoas, natureza, arte e música. Queremos dar as grazas a todas e todos os que viñestes, ás persoas que actuastes nos escenarios, ao voluntariado, ao equipo que o fixo posible e ás artesás e artesáns que encheron o mercado cos seus postos e a súa creatividade. A vosa enerxía converteu este soño nunha realidade.

 

O mellor do festival

Durante todo o día vivimos momentos que nos lembraron por que paga a pena xuntarnos nas leiras:

   Música en directo que nos fixo vibrar.
   Obradoiros para todas as idades, desde ioga ata creación artística.
   Arte na natureza, que transformou cada recuncho nun espazo único.
   O mercado de artesanía, que deu vida e cor con propostas locais e auténticas.
   E, sobre todo, a convivencia e os sorrisos que encheron cada intre.

 

Un festival con causa solidaria

O LeiraFest non é só música, arte e comunidade: tamén é un evento solidario. Os beneficios obtidos destinámolos a poñer as terras a producir, crear emprego ligado á agricultura e xerar alimentos que despois doamos a familias que o precisan a través da ONGD ADRA.

Na edición deste ano tamén quixemos sumar outra colaboración moi especial: co Santuario Vacalouras. Todo o recadado coa comida vexana vendida durante o festival foi destinado íntegramente a apoiar o seu labor de coidado e protección dos animais.

 

Unha ollada en fotos

Aquí compartimos algunhas imaxes que recollen o vivido. 

 

 


Se queres ver máis, nas vindeiras semanas iremos subindo máis fotos e materiais gráficos ás nosas redes sociais, así que permanece atento/a para non perder ningún recordo do LeiraFest.

 

4. Aprendizaxes e próximos pasos

Este LeiraFest tamén nos deixou aprendizaxes valiosos. Por exemplo, vimos que aínda podemos mellorar a xestión dos refugallos para que sexa máis doada e cómoda para todas as persoas. O próximo ano queremos incluír obradoiros e dinámicas que o fagan máis sinxelo e divertido.

Ademais, imos traballar moito na proposta gastronómica, ampliando a variedade de pratos e bebidas, garantindo máis cantidade dispoñible e, moi especialmente, axustando a liña de prezos para que todo o mundo poida desfrutar da experiencia da mellor maneira posible.

E queremos compartir algo máis: somos un proxecto de agricultores, e organizar un evento destas dimensións supón un enorme esforzo por parte do noso equipo. Poñemos toda a nosa ilusión, pero ás veces hai cousas que se nos escapan. Con todo, cada edición é unha aprendizaxe e un paso máis para facer do LeiraFest unha cita cada vez mellor.

Estas reflexións son parte do noso compromiso de coidar a terra, as persoas e o futuro do LeiraFest.

 

5. Queremos a túa opinión

Encantaríanos saber como viviches o LeiraFest 2025. A túa opinión é fundamental para seguir medrando e mellorando.

 [

A enquisa é anónima e non che levará máis de 2 minutos.

 

6. Ata a próxima edición

LeiraFest é comunidade, arte e vida nas leiras. Grazas por ser parte deste camiño. ¡Vémonos no LeiraFest 2026!

Admin Os Biosbardos