Summer EcoCamp 2025: un verán de aprendizaxes, natureza e aventuras inesquecibles

Noticias
01/05/2025
Summer EcoCamp 2025: un verán de aprendizaxes, natureza e aventuras inesquecibles

Este verán en Os Biosbardos abrimos as portas da nosa leira en Lendorio (Cecebre) para celebrar unha nova edición do Summer EcoCamp, un campamento de verán pensado para que os nenos e nenas vivan, xoguen e aprendan en contacto directo coa natureza.

Durante tres semanas (do 23 de xuño ao 11 de xullo), a nosa finca converterase nun espazo cheo de vida, onde cada día será unha nova oportunidade para experimentar, descubrir e compartir.

Aprender facendo: o noso enfoque
No EcoCamp, o xogo e a aprendizaxe van da man. A través de obradoiros creativos, laboratorios de reciclaxe, actividades de educación ambiental e xogos ao aire libre, as crianzas desenvolven a súa curiosidade, o pensamento crítico e o respecto polo contorno. Non se trata só de pasalo ben —que tamén—, senón de sementar valores que perduren no tempo.

Un espazo vivo para medrar
A leira de Os Biosbardos é un ecosistema en miniatura: hortas, bosques, regatos e pequenos habitantes que convidan á observación e ao coidado. O espazo convértese así nunha aula ao aire libre, chea de estímulos naturais e posibilidades de xogo libre. Aquí, cada pedra pode ser un castelo, e cada pau, unha ferramenta de exploración.

¿Para quen?
O campamento está deseñado para nenos e nenas a partir dos 6 anos. Non fai falta experiencia previa no mundo rural, só gañas de pasalo ben e de conectar coa natureza e coas demais persoas. O noso equipo garante un acompañamento respectuoso, atento e seguro, adaptado ás necesidades de cada grupo.

Horarios, datas e tarifas
O Summer EcoCamp 2025 desenvolverase en horario de mañá, de 8:30 h a 14:30 h, con opcións flexibles para participar en:

1 semana → 115 €
2 semanas → 210 €
3 semanas → 300 €
Desconto do 10 % para o segundo irmán ou irmá


As prazas son limitadas para garantir unha atención de calidade.

¿Como inscribirse?
Para máis información ou para reservar praza, podes escribirnos ao correo visitas@osbiosbardos.com ou contactar por teléfono/WhatsApp no 615 39 99 87.

Podes inscribirte diretamente a través do seguinte link


Anímate a ofrecerlles ás crianzas unha experiencia que lles quedará na memoria e no corazón. O verán tamén pode ser un tempo para sementar conciencia, vínculos e alegría.

Admin Os Biosbardos