Entrevista no Xornal GCiencia

Noticias
18/12/2022
Entrevista no Xornal GCiencia

Os agricultores de Cambre que miman a terra: “É a horta de toda a vida con sentido común”

Os Biosbardos • Cultura de Leira aposta pola Permacultura, cunha reutilización de produtos que inclúe a outros sectores

 

Ligazón ó artigo

 

Miguel Ángel Roig, en compañía do Community Manager de Os Biosbardos, no posto do mercado.


A agricultura ecolóxica é un modelo sostible e socialmente responsable que se ampara como a solución aos problemas medioambientais fronte á intensiva e industrializada. Neste sentido, non se limita a unha simple técnica, senón que tamén ten en conta a protección do medio ambiente e o respecto dos recursos naturais.

Deste xeito, é cada vez máis usual a execución de proxectos arredor desta convicción, especialmente en Galicia grazas ao predominio do mundo rural. Un dos máis recentes e destacados, en activo dende 2019, é Os Biosbardos • Cultura de Leira, un programa baseado nos principios da permacultura levado a cabo en Cambre, na provincia da Coruña.


O desenvolvemento

Os Biosbardos • Cultura de Leira responde a unproxecto de horta ecolóxica, certificada polo CRAEGA, ao aire libree baseado na permacultura. É dicir: no coidado da terra, dos animais, das persoas e do retorno de calquera excedente que se obteña do propio sistema. Noutras palabras: na reutilizacióne concesión de máis vidas dun produto.

 


Froitas e hortalizas cultivadas e recolectadas por Os Biosbardos.

 

O proxecto pertence ás Reservas de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, unha asociación que, dende o equipo, definen como “un paraugas moi importante” grazas á axuda e apoio que reciben deles.

Á fronte deste proxecto atópanse catro persoas, unha responsable da horta, unha encargada da recolección e loxística, un encargado da publicidade, márketing e redes e, finalmente, Miguel Ángel Roig, ao cargo da coordinación e autor da inicitiativa.

O propietario relata que a idea nace “dunha necesidade particular de poder conseguir alimentos saudables, sustentables, un plan B que busca moita xente”. En relación con isto, manifesta que xa dende o primeiro momento o enfocou “como un proxecto de agricultura, unha explotación agroecolóxicapero que debía ser rendible”. Así, o proxecto responde a “unha horta de toda a vida con sentido común, aplicado aos tempos actuais e cos medios de agora”, destaca Miguel Ángel.


Espazos colaborativos

A colaboracióné un alicerce básico para Os Biosbardos, seguido da difusión. Desta maneira, desenvolven un espazo colaborativo onde compartir coñecemento con todo aquel interesado en unirse ao proxecto e participar dunha forma ou doutra.

A este respecto, Miguel Ángel revela que se trata “dun propósito que vai máis aló do particular, é un propósito global. Por tanto, aclara que a súa idea “é difundir o coñecemento alcanzado para que máis xente poida inspirarse neste modelo de agricultura que é 100% sustentable”.


Proxecto Leiriño

Despois de anos de actividade, e tras descubrir o funcionamento do mercado, Miguel Ángel confesa que se aprende “a xestionar a sobreprodución aplicando a capa de sostibilidade”. Porén, a partir da gran cantidade de excedente, e grazas ao impulso de espazos colaborativos, Os Biosbardos pode emprender diferentes proxectos colaborativos que permiten darlle unha segunda, terceira e infinitas vidas aos seus produtos para non desperdiciar nada.

Así, un dos proxectos máis relevantes que levan a cabo é Leiriños, que realizan cos locais de hostalería. Trátase dun bancal modular de cultivo agroecolóxico de 7 metros cuadrados que ten un custo fixo anual que debe aboarse por adiantado. Así, nesta parcela, Os Biosbardos cultivarán as sementes que lle facilite o restaurante en cuestión e conferiranlle a este último os produtos resultantes durante un ano dende a data de compra.

 

  


Unha das leiras que Os Biosbardos cultivan en Lendoiro, Cambre.


Deste xeito, Os Biosbardos ofrecen un producto polo que cobran por anticipado a un prezo aceptablee as persoas que adquiriron a parcela obterán máis valor e calidade a menor custocon este cultivo. Miguel Ángel expresa que con esta dinámica gañan todos, pois o seu equipo consegue “un adianto para traballar cuns prezos dignos a horta e a hostelería porque percibe un valor superior nos productos, incluso naqueles máis caros”.


Canles de comercialización

Dispoñen dun amplo abano para a comercialización e venda dos seus produtos. Ademais de comercializar coa hosteleríaou as tendas de barriodo seu ratio de acción, dispoñen de tenda en liñana súa páxina web.

Desta forma, poñen a disposición da cidadanía todos os seus produtos en base ao que van acadando, de modo que venden a particulares e incluso tamén a tendas. Así, trala realización dun pedido, ofrecen dúas modalidades de entrega: a domicilioou recollida nas súas leiras, en Lendoiro, Cambre. Esta última opción vai ligada a unha oferta, un desconto do 20% no totaldo pedido. A iniciativa, segundo relata Miguel Ángel, foi deseñada para facer que “a xente se acerque ao lugar de traballo, cerca da Coruña, para poder observar o que se fai e como se fai”, de modo que este desconto sería unha especie de motivación extra.

Outra vía de venda son as feiras. Actualmente, o primeiro e terceiro fin de semana de cada mes asentan un posto nomercado de A Leña, unha feira ecolóxica situada da Praza de España.

 


Logotipo de Os Biosbardos Cultura de Leira 


Así mesmo, outra canle e que é a que máis importancia está gañando, e con máis opcións de futuro, son os comedores colectivos. Trátase dunha acción da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas Terras do Mandeoque deseñou unha plataforma de ecocomedoresno que diferentes agricultores colaboran con empresas que teñen comedores colectivos grandes, colexios ou garderías que mercan, semanalmente, os produtos que lles ofrecen.

En tal sentido, o fundador de Os Biosbardos sinala que con esta iniciativa procuran “facer algo histórico, nun proceso de creación para darlle forma como cooperativa, para que nos colexios poidan comer saudable, rico, ecolóxico e de quilómetro cero a prezos aceptables”, todo isto incluso a pesar das fluctuacións de prezos derivados da situación socioeconómica a nivel globalque impera actualmente.


Xornadas de portas abertas

Cada dous luns, Os Biosbardos realizan xornadas de portas abertasnas que Miguel Ángel explica o seu labor e a dos seus compañeiros. Así, todo o equipo consegue analizar como o seu patrón inicial tamén o posúe moita outra xente, é dicir, e segundo como o propietario aclara, hai moitas persoas, “con posibilidades de emprego que queren buscar outra forma de enfocar a vida”, e que grazas a esta iniciativa deron o paso e están buscando “unha saída ao campo, a volta ao rural”.

Grazas a este evento conseguiron reunir amáis de 500 persoasinteresadas na iniciativa e que demandan información acerca desta labor. En efecto, o propietario confesa que incluso de moitos dos visitantes “saen ideas, iniciativas, existe unha comunicación e retorno”. Por esta razón, o proxecto está acadando cada vez máis interese a nivel xeral, máis importancia, ata dende outros puntos da xeografía fóra de España.

 

 

OsBiosbardos.com

 

Admin Os Biosbardos