O II LeiraFest volve este 13 de setembro de 2025 a Os Biosbardos (Cambre) para encher as nosas leiras de arte, música, obradoiros, comunidade e natureza. Unha xornada única que une cultura, agroecoloxía e convivencia, cun obxectivo que nos move: ser un evento solidario que apoia proxectos con impacto social.
Que é o LeiraFest?
O LeiraFest é moito máis ca un festival. É un encontro anual que nace da enerxía colectiva de Os Biosbardos para achegar a cultura ao noso territorio, crear espazos de conexión e celebrar o valor da terra.
Aquí conflúen artistas, artesáns, veciñanza, familias, amantes da música e da agroecoloxía, nun día de convivencia onde a arte e o campo se dan a man.

Programación 2025




Nota: Esta é unha programación aberta que pode sufrir cambios. Mantente atento ás nosas redes e a esta páxina para coñecer calquera novidade.
Música e máis…
Pinchada con mooom
Timba poética con Alicia Louzao, Sol Mariño, Iván...
Concerto de David Karro
Concerto de mantras con Samaya Yoga
Concerto de Arde
Concerto de Mamen Bazarra
Concerto dos Combos de adultos e crianzas da Escola de Música MODUS
Foliada con Xermolade (Asociación Xuventude de Cecebre)

Obradoiros e actividades
Obradoiro de ioga con Giuli
Actividade de trepa / arboricultura con Lois Arenas (toda a mañá)
Obradoiro de cerámica con Andrea Martorana
Obradoiro para crianzas con Iván e Vane de Fentolo
Obradoiro de esqueixes de plantas autóctonas para Ourense con Ivón de A Revolteira
Mesa redonda de agricultorxs

Exposicións e arte colectivo
Presentación e exposición da artista Fani Montero: pintura grupal con música en directo
Exposición de gran formato de Laura de Boor
Exposición e venda de caixas reutilizadas como lenzos (alumnado do IES Adormideras)
Expo 49 Razones

Durante toda a xornada
Mercadiño artesanal, con mostra en directo de forxa con J. Eiroa Forxa
Exposición de cociñas solares con Juan Bello
Fotografía Polaroid con mensaxe, con Rebeca García de Arteceibe Fotografía
Pintura mural en directo con Xulia Weinberg
Pintura grupal no souto: arte colaborativo

E ademais
Compra as túas rifas: o sorteo será ás 20:00 h con premios especiais.
Zona de té con Fentolo no viveiro.
Opción de comida vexana elaborada coas nosas hortalizas grazas ao Santuario Vacalouras (todo o recadado destinarase ao seu proxecto).
Churrasco e sardiñas da man duns amigos de Cecebre.
Unha experiencia que non podes perder

O II LeiraFest é un día para vivir a cultura en contacto directo coa terra. Desde obradoiros creativos para todos os públicos ata concertos, mercados artesanais e espazos de encontro, este festival está pensado para conectar, aprender e gozar.
A edición de 2024 deixounos momentos máxicos. Este ano imos máis alá: máis artistas, máis actividades e un compromiso renovado co territorio e coa solidariedade.
Información práctica
- Data: sábado, 13 de setembro de 2025
- Lugar: Os Biosbardos · Cambre (A Coruña)
- Formato: evento ao aire libre nun contorno agrícola.
- Accesibilidade: coidamos os itinerarios principais; se precisas apoio específico, indícanolo ao mercar a entrada.
- Recomendacións: calzado cómodo, gorra ou sombreiro, botella reutilizable e moitas ganas de gozar… e, por se acaso, o chuvasqueiro, que estamos en Galicia e nunca se sabe.

O aforo é limitado. Recomendamos compra anticipada para asegurarte a túa praza.
Non quedes sen a túa: merca a túa entrada aquí (os nenos ata 10 anos non pagan).
Preguntas frecuentes
É un evento familiar? Si, hai actividades para crianzas e adultos.
Que pasa se chove? É un evento ao aire libre; adapta a túa equipación.
Que inclúe a entrada? Acceso ao recinto e a toda a programación xeral, salvo excepcións específicas.
Cambios no programa? Pode haber axustes. Esta páxina actualizarase con calquera novidade.
Recomendacións
- Temos entradas á venta na nosa tenda online, se non, podes mercala o mesmo dia na cantina.
- Trae a tua esterilla para o obradoiro de ioga.
- Podes traer a tua silla e mesa, prato, garfo e vaso para axudarnos a reducir o consumo e os residuos.
- Podes traer o teu xantar e a tua bebida. Nos teremos comida e bebida á venta na cantina.
- Hai puntos de auga potable en todo o recinto.
- Ven con roupa e calzado axeitado, de frio e calor e crema e gorra.
- Respeta os cultivos.
- Respeta ós animais que viven en Biosbardos. Os noso cans estarán soltos xa que estan afeitos a non pisar os cultivos, se traes can, responsabilizate del, que non pise os cultivos nin moleste.
- Respeta as obras de arte.
- Calquera problema, dirixete á organización que estará na cantina.
- Habrá wc, utilízaos.
- Non deixes lixo, nin cabichas. Teremos papeleiras por todo o recinto.
- Non fagas lume.
- Desexamos que disfrudes do dia.
Disculpadenos polos imprevistos que poidan surxir xa que nos somos labregxs e iste é o noso segundo festival.
Moitas Grazas!