Leiriño Solidario

Noticias
21/11/2022
Leiriño Solidario

 

 

Qué é un

LEIRIÑO SOLIDARIO ?

 

 Leiriño Solidario é una iniciativa de apoio á Economía Social.

 

É un bancal modular agroecolóxico de 7 m²
Ten un custo fixo anual: 500 €  (ten desgravación fiscal !)
Cultívase todo o ano
O Equipo de Os Biosbardos encargarase do coidado
A produción obtida entregarase a comedores locais con fines sociais


Coa compra dun Leiriño Solidario estás contribuíndo a unha economía local e sostible.


Vantaxes fiscais da tua acción solidaria

 

 

"Coa túa contribución axudas a mellorar o futuro dos que nos rodean, acadando un impacto positivo e duradeiro na sociedade"

 

Promoción da Soberanía Alimentaria


A través de bolsas, trasladamos o noso impacto a outras comunidades que necesitan con urxencia a rexeneración do solo. Por exemplo, centrámonos na comunidade de Varela (Guinea Bissau) onde se ofrecen bolsas para que a xente local teña a oportunidade de formarse en áreas de Permacultura e así poder difundir este coñecemento na súa comunidade. A colleita alimentaria obtida nestas zonas de África tamén se destina a entidades sociais e escolas locais.

 

Medio Ambiente


O modelo agrícola convencional é dificilmente sustentable. Os modelos agroecolóxicos propoñen un cambio de visión onde todos os seres vivos teñen unha relación de interdependencia fomentando a biodiversidade e integrando, amais, ás persoas no medio que desenvolven de xeito consciente.

 

Compromiso Social


As accións realizadas contribúen á creación de novos postos de traballo grazas á adquisición de novas competencias técnicas que combinan prácticas respetuosas para a produción de alimentos e a rexeneración do solo, melloran a difusión do coñecemento e da tecnoloxía entre as diferentes rexións e impulsan o crecemento económico local. Asimesmo, mellórase a calidade de vida das persoas vinculadas a proxectos locais de produción de alimentos ecolóxicos, como o desenvolvemento de novos bosques comestibles para o desfrute das seguintes xeracións 

 

 Estas son as entidades que impulsan este novo modelo conxunto de sustentabilidade:

 

Os Biosbardos Cultura de Leira


Somos agricultores ecolóxicos inspirados no desfrute dos alimentos e no respecto na súa obtención.


Seguimos con paixón os principios da Permacultura e da Agricultura Sintrópica creando un ecosistema agroecolóxico 100% orgánico e sostible na Bisbarra das Mariñas cunha proposta de proximidade.


Estamos certificados polo CRAEGA (órgano regulador da Agricultura Ecolóxica en Galicia) e integrados na Reserva de Biosfera de As Mariñas.

 

ONG Miradas al Mundo


Promovemos o desenvolvemento das comunidades máis desfavorecidas. En contacto directo coa comunidade, buscamos un modelo de desenvolvemento que sexa autosustentable, no que a xente do lugar, co seu traballo e implicación, sexa o motor do cambio.

 

Kibutz Cooperativa Galega


Proxecto colaborativo que ten como finalidade promover, crear e xestionar diferentes ideas e recursos para promover unha nova forma de vida, máis ética e respectuosa coas persoas e o medio ambiente a través da formación en áreas relacionadas coa saúde holística.

 .

Admin Os Biosbardos