

Hai fitos que merecen parar un intre a celebralos. E este é un deles. A Xunta de Galicia vén de concedernos oficialmente o Selo de Empresa Responsable, dentro do programa Responsabilízate, recoñecendo o noso compromiso coa responsabilidade social, o desenvolvemento sostible e a innovación con impacto positivo.
Que significa este selo?
Este distintivo non é só un diploma bonito para colgar na parede (aínda que tamén). É a constatación de que o noso proxecto cumpre cos criterios establecidos pola Xunta de Galicia para ser considerado unha empresa:
- Socialmente comprometida, que coida o seu equipo humano e promove a conciliación.
- Ambientalmente consciente, que integra prácticas sostibles e rexenerativas nos seus procesos.
- Innovadora e colaborativa, que comparte coñecemento e impulsa a transformación no rural.
Un proceso que require raíz e visión
Para chegar ata aquí, percorremos todas as fases do programa Responsabilízate, reflexionando sobre como facemos as cousas, que impacto xeramos no noso entorno, e como mellorar cada día sen perder a nosa identidade. E fixémolo sen deixar de plantar, regar, compostar, innovar e rirnos moito polo camiño.
Por que é importante?
Porque este selo:
- Abre portas a novas oportunidades de colaboración, financiamento e proxección.
- Refórzanos como exemplo real e vivo de que outra forma de facer empresa é posible e necesaria.
- Dá confianza ás persoas que apoian Os Biosbardos como consumidoras, colaboradoras ou aliadas.
E agora, que?
Pois agora… máis e mellor. Seguimos cultivando futuro con prácticas agroecolóxicas, proxectos educativos, tecnoloxía ao servizo da natureza, e un compromiso firme coa transformación do rural galego.
Este recoñecemento non é un punto final, senón un novo brote. Un selo con raíces, que medra coa forza da comunidade que o sostén.
Grazas por estar aí, por compartir camiño, e por facer de Os Biosbardos moito máis ca unha empresa.
Somos un ecosistema.