Do campo á aula e volta: a arte circular das Re-Caixas

Noticias
15/06/2025
Do campo á aula e volta: a arte circular das Re-Caixas

Re-Caixas non é só unha caixa, é unha viaxe.

Unha viaxe que comeza nas leiras de Os Biosbardos, onde as caixas de madeira transportan froitas, verduras e moito esforzo rexenerativo. Co paso do tempo, algunhas destas caixas deixan de ser útiles para o transporte, pero seguen tendo valor. É entón cando comeza a segunda parte da súa historia: a transformación artística.

Desde hai tres anos, colaboramos co IES Plurilingüe Adormideras (A Coruña) nun proxecto singular: entregámoslles as nosas caixas usadas ao alumnado do Bacharelato de Artes, que as intervén con liberdade total. Pintura, collage, gravado, mensaxes… Cada caixa convértese nunha obra única e chea de personalidade.

Unha vez transformadas, as Re-Caixas volven a Os Biosbardos, onde as poñemos á venda na nosa tenda en liña, nos mercados e nos eventos. ¿O beneficio? Ningún para nós: o 100?% do recadado destínase á compra de material artístico para o instituto, pechando así un ciclo perfecto de economía circular, educación pública e arte rural-urbano.

Este proxecto simboliza o que máis nos importa: darlle valor ao que outros descartan, crear pontes entre xeracións e territorios, e demostrar que a rexeneración non é só unha cousa do solo, senón tamén da cultura.

Re-Caixas é unha caixa que fala. E o que di importa.

Admin Os Biosbardos