O LeiraFest 2025 pechou a súa edición cun balance moi positivo: público entregado, programación diversa e un ambiente de comunidade que confirma que este evento xa é unha cita de referencia no rural galego.
Mais detrás de cada éxito hai sempre unha rede de apoios que o fan posible. Neste caso, queremos destacar o papel fundamental de Equipos Lagos, o noso patrocinador oficial. Grazas a que a empresa destina parte dos seus fondos de Responsabilidade Social Empresarial (RSE) a apoiar iniciativas culturais, sociais e ambientais coma a nosa, o LeiraFest puido medrar e consolidarse.

Ademais, a colaboración con Equipos Lagos vai máis alá do festival. Xuntos puxemos en marcha o proxecto Alrisha, en alianza con Acastrexa, Obrador de Arte Culinario, para transformar produtos da horta local en elaborados con todas as certificacións e rexistro sanitario necesarios. Estes produtos convértense nunha ferramenta de merchandising sostible, coa que empresas como Equipos Lagos poden sorprender e fidelizar aos seus clientes e colaboradores.
Un bo exemplo foi a mermelada extra de laranxa, elaborada artesanalmente coa nosa froita e transformada por Acastresha, que Equipos Lagos agasallou recentemente a un cliente en Xapón. Un produto de luxo, auténtico, que leva a esencia do noso rural ata o outro lado do mundo.

O seu compromiso demostra que a RSE non só impulsa proxectos empresariais, senón tamén experiencias que xeran un impacto real no territorio: emprego local, dinamización cultural e maior conciencia ambiental.
Desde Os Biosbardos queremos agradecer publicamente a Equipos Lagos a súa confianza e apoio. Este festival e estes proxectos tamén son seus, porque cada colaboración suma e porque xuntos podemos seguir construíndo un rural vivo, creativo e sostible.